miércoles, 27 de abril de 2011

Esquecemos o que queremos

O emperador xaponés Akihito e , Michiko, visitaron hoxe por primeira vez as zonas máis devastadas polo sismo e tsunami do 11 de marzo. Tras unha viaxe en helicóptero na que puideron ver o estragos tralo desastre reuníronse,  reuníronse  con algúns de los superviventes da catástrofe.
Xa pasou máis dun mes desde que Xapón foi vítima dun terrible desastre. Pola contra, parece que a xente esta a repetir o acontecido con Haití, con isto refírome ao esquecemento da maior parte da poboación dos feitos que tiveron lugar neste país. Parece que non queremos ter nada que ver co malo, evitase o tema.
Parece mentira que se lle de máis importancia a un partido de fútbol que as vidas de millares de persoas pois estes días nos telexornais o tema central parece ser este. Por que facemos isto? Eu non atopo unha resposta a esta pregunta.
Somos o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. Haití foi " a bomba televisiva" durante algo máis dun mes, numerosas intervencións de personalidades, recaudacións... pero ao pouco tempo parece que ese tema aburriu aos españois e polo tanto deixouse de lado, aparecendo, de vez en cando, nos medios de comunicación. Isto, como xa dixen, estase a repetir. Mentres algúns choran por non saír unha procesión, outros debaten día e noite por un  partido de fútbol, uns partidos políticos intentan "destruir" a outro... os xaponeses siguen mantendo as súas esperanzas de que mellores tempos esten a esperar por eles.
En conclusión, por que nos empeñamos en non ver ao noso redor? Por que evitamos por as nosa conciencia a proba? Quizais isto sexa moi difícil para a xente que vive nun profundo egocentrismo, consumismo... Pero igual que esiximos a xente que mellore, que corrixa os seus defectos, debemos propoñernos en primeiro lugar mellorar nos mesmos como persoas,  e así loitar un pouco por ese mundo, quizais utópico que todos (ou case todos) desexaríamos.
http://www.ansa.it/ansalatina/notizie/rubriche/mundo/20110427145335253149.html

1 comentario:

  1. Totalmente de acordo. Hai unha carta ao director neste sentido do País do 2 de maio.

    ResponderEliminar