No IES Pedras Rubias o alumnado goza de numerosos privilexios: club de lectura, radio escolar propia, numerosas saídas, visitas ao centro para dar charlas, recitais poéticos... Gozamos ademais de televisor, DVD e altavoces en cada clase, máis unha aula con pantalla tactil, salón de actos, sala de prensa, unha boa biblioteca...
Pero nada é perfecto e quizais hai cousas que o alumnado non chegue a comprender e aceptar, algunhas delas chegan ata ser anécdoticas. Un exemplo disto é a esistencia de bancos polos corredores aos que non lle atopamos utilidade pois non podemos sentar neles. Para que están uns bancos no corredor? Non creo que sexan de atrezo, nos intercambios non daría tempo a sentarse porque evidentemente non se pode chegar tarde as clases nas que hai que cambiar de aula.
Outro destes aspectos mellorables é a da repartición de clases. Non pode ser, por exemplo, ter todas as clases de galego nas últimas horas do día xa que costa moito máis prestar atención. En relación creo que se debería plantexar de novo a posibilidade de dous recreos ao longo da mañá faise difícil ter catro clases seguidas, cando chega a cuarta hora parece que levas toda a mañá metido na aula.
Estes son algúns dos aspectos a mellorar no instituto.
Dúas correccións lingüísticas: o verbo sentar non é reflexivo ("non podemos sentar neles") e "é" leva acento!! ("é a da distribución ou reparto de clases").
ResponderEliminarFALTAN DÚAS ENTRADASS!!