miércoles, 11 de mayo de 2011

Xustiza ou vinganza?

Nos últimos días abriuse un debate sobre a morte do terrorista Bin Laden. Moitos plantexan preguntas do tipo: Foi legal? Respetaronse os seus dereitos?
Que pasaría se fose outro país en vez de EEUU o que acabase coa vida do líder de Al Qaeda? E se no lugar de ser Osama fora Obama o que mataran os terroristas por vinganza das accións que mantivo e mantén nos países asiáticos? Quizais a xente non dubidaría neste caso pero moitos persoeiros gardan a súa verdadeira opinión polo poder ecónomico que ten este país, parece que faga o que faga o premio Nobel da Paz está ben.
Debemos ter en conta que os dereitos están para todos ao igual que as leis. Fixera o que fixera Bin Laden, se de verdade querían que pagase polos seus feitos, está claro que esta non era a maneira correcta, un xuízo sería o máis convinte e legal.
Quizais houbese unhas segundas intencións nestes feitos xa que o líder de Al Qaeda sabía cousas que a EEUU non lle conviña que o mundo soubese.

viernes, 6 de mayo de 2011

As eleccións en Salceda están cerca

Ultimamente xa podemos observar os carteis na chamada "xeral" coas fotos dos candidatos dos diferentes partidos políticos á alcaldía de Salceda de Caselas.
Este ano como candidato do PP está Santiago Rodríguez Davila que concedeu una entrevista para o Faro de Vigo.http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/04/10/alcalde-debe-crear-clima-realismo-seguridad-ciudadania/534551.html
Como candidato do BNG mantense o actual alcalde Marcos Besada Pérez que tamén concedeu unha entrevista a dito periódico.
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/05/05/mejores-personas-han-gestionar-areas-dedicacion/541643.htmlPor último Marina Cabaleiro Concelleira de Ensino, Emprego e Formación do Concello de Salceda como representante do PSOE.
http://psoesalceda.blogspot.com/

"ONU: Experto pide a EEUU revelar feitos sobre a morte de Bin Laden"

Mentres EEUU se contradice así mesmo coas declaracións feitas sobre se iba ou non armado Bin Laden cando o mataron, o  investigador independente das Nacións Unidas sobre mortes extraxudiciais instou o venres  a Estados Unidos a revelar mais detalles sobre o ataque ao refuxio de Osama Bin Laden, en Pakistán, para que os expertos evalúen a legalidade da súa morte.
Xorde unha pregunta que cada vez se repite máis xente: foi legal a morte de Bin Laden? A OTAN, por exemplo, ten moi clara a súa postura pois o secretario xeral Anders Fogh Rasmussen, asegura que "está xustificado" por outra banda uns pregúntanse se a misión incluía algún esforzo na súa captura.

http://feeds.univision.com/feeds/article/2011-05-06/onu-experto-pide-a-eeuu?refPath=/noticias/ultimas-noticias/http://www.larazon.com.ar/internacional/Ahora-Bin-Laden-armado-mataron_0_237900140.html

lunes, 2 de mayo de 2011

"El puto amo!"

Antes do terceito clásico entre Madrid e Barça existía unha gran espectación coas declaracións dos adestradores dos respectivos equipos xa que cada vez o ambiente se "quentaba"  máis por mor dos árbitros, de todo o que se estaban a xogar. Foi entón cando non decepcionaron primeiro Mourinho e despois Guardiola mantiveron unha disputa de maneira televisiva.
Podemos plantexarnos numerosas preguntas sobre estas declaracións feitas por Pep Guardiola. Moitas persoas pensaron: É xustificada a declaración do adestrador do FC Barcelona?. Pódese pensar que tras unha "enchenta" de palabras negativas por parte do adestrador merengue este non aturase máis estar calado. Pero quizais non sexa esa a pregunta que nos debemos plantexar senon: É correcta?. Eu teñoo ben claro, non, en ningún caso nun acto oficial como este se debe empregar este tipo de vocabulario anque isto fora unha ironía.