Nos últimos días abriuse un debate sobre a morte do terrorista Bin Laden. Moitos plantexan preguntas do tipo: Foi legal? Respetaronse os seus dereitos?
Que pasaría se fose outro país en vez de EEUU o que acabase coa vida do líder de Al Qaeda? E se no lugar de ser Osama fora Obama o que mataran os terroristas por vinganza das accións que mantivo e mantén nos países asiáticos? Quizais a xente non dubidaría neste caso pero moitos persoeiros gardan a súa verdadeira opinión polo poder ecónomico que ten este país, parece que faga o que faga o premio Nobel da Paz está ben.
Debemos ter en conta que os dereitos están para todos ao igual que as leis. Fixera o que fixera Bin Laden, se de verdade querían que pagase polos seus feitos, está claro que esta non era a maneira correcta, un xuízo sería o máis convinte e legal.
Quizais houbese unhas segundas intencións nestes feitos xa que o líder de Al Qaeda sabía cousas que a EEUU non lle conviña que o mundo soubese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario