martes, 21 de junio de 2011

TALLER DE PRENSA 2010/2011

Estre curso de 4º un número bastante amplo de xente decidiu escoller como optativa a asignatura de taller de prensa.
A esta asignatura eu poríalle un nove. É moi interesante, podes adentrarte un pouco no que sería a vida dun periodista, evidentemente nun nivel moi baixo. Quizais pases moitas horas mirando a pantalla dun ordenador pero paréceme interensantísimo poder comunicarte con xente que non é do teu entorno coñecer as opinións, coñecer como no meu caso unha rede social da que sabía ben pouco. Podes mellorar a túa forma de escribir, a organizar as ideas para despois intentar contarlle unha noticia a alguén. Aprendes a traballar en equipo a ter que cordinar o teu traballo con outra xente coa que ao mellor non tes unha gran relación pero á vez ser independente para tomar as túas propias decisións, ter a capacidade de aurocorrexirse.
O que me gusta desta de taller é o que dixen antes poder aprender un montón de cousas, a algúns parécelle unha asignatura "chorra" pero en poucas traballamos tanto como en este. Tamén me gusta o poder comunicarme con xente doutros lugares, como fixen na miña entrevista cun dos coordinadores de Cabozo.
Non me gusta o ter que aguantar ás veces a xente que se toma isto un pouco a lexeira. Gustaría que puidésemos facer máis publicacións.
O traballo que máis me gustou facer foi o da revista teño moi boas sensacións ao ver que o traballo valeu a pena. O nerviosismo as tardes planificando o que vamos a facer algún recreo facendo correccións para poder maquetar. Ver que todo iso ten o seu fruto pois resulta ser moi positivo e anímate a por empeño no que fas porque este é un caso no que ten a súa recompensa.
O que menos pois quizais o do país, a entrevista era moi interesante pero tiven que facer tantas correccións que acabei sabendoa case de memoria foi un pouco duro, pero ao final máis ou menos quedou decente.
O traballo do que me sinto orgullosa foi o da revista, tanto traballo como xa dixen tivo a súa recompensa. Paseino moi ben facéndoa, con momentos difíciles pero poder vela feita e impresa creo que vai ser un bo momento.
Aprendín a ter que traballar con xente coa que non solía traballar, creo que resultou positivo. Quizais botase en falta facer máis publicacións.
Sen dúbida recomendo taller de prensa pero só a aqueles que estén dispostos a traballar os que pensen que vai a ser unha asigatura de "cachondeo" que o pensen dúas veces. As cousas non son como poden parcer a simple vista. Os que queiran traballar... que se animen!

domingo, 19 de junio de 2011

Os indignados volven a manifestarse

Desde as nove ás doce da mañá os manifestantes chegaron ante o forte cordón policial que evitaba o acceso a as Cortes, as persoas que partiron de seis puntos da Comunidade de Madrid corearon eslóganes xa clásicos do Movemento 15-M como "Penso, logo me indigno" ou "Non hai pan para tanto chourizo".
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=854173

domingo, 12 de junio de 2011

Baixan as ventas na Feria do Libro de Madrid

Este ano baixaron as ventas un catro por cento en comparación coas do ano pasado. A pesar da baixada moitos encontran o lado positivo xa que estamos en época de crise e resulta nomal a baixada. Apúntase e destácase o aumento de visitas nos días laborables e que houbo un maior número de expositores e ademais estes venderon máis do que esperaban.

http://www.europapress.es/cultura/libros-00132/noticia-feria-libro-madrid-cierra-bajada-ventas-20110612144450.html

Atentado nun supermercado da ciudade de Peshawar

Tiveron lugares dúas explosións nun mercado de Peshawar. A primeira delas foi de menor intensidade da segunda a cal tivo lugar uns catro minutos máis tarde cando un número maior de persoas estaban no lugar. Por agora o número de mortos está ao redor dos 34 pero espérase que este número aumente xa que moitos das persoas que se atopaban no lugar durante as explosións están es estado crítico.
http://www.abc.es/20110611/internacional/abci-pakistan-atentado-201106112230.html

Comeza a operación "Patena"

Os "indignados" situados na Porta do Sol de Madrid comezaron a recoller todo aquelo que os acompañou durante os 26 días de acampada. Termina así a dita acampada no punto cero da emblemática praza madrileña.
Todo este proceso comezou as 11:00 horas e prolongarase durante todo o día ata que só quede un punto de información.
http://www.abc.es/20110612/espana/abci-indigandos-levantan-campamento-201106121425.html

viernes, 10 de junio de 2011

O brote de E.coli en Alemaña

Tras as primeiras acusacións dirixidas cara España pode ser que agora a orixe máis probable do problema que está a sufrir Alemaña sexa os brotes de soia.
"Son os brotes de soia", dixo Reinhard Burger, director do Instituto Robert Koch, o centro alemán para o control da enfermedade.
http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/berlin-atribuye-otra-vez-brote-coli-soja-baja-sajonia-1038346