Estre curso de 4º un número bastante amplo de xente decidiu escoller como optativa a asignatura de taller de prensa.
A esta asignatura eu poríalle un nove. É moi interesante, podes adentrarte un pouco no que sería a vida dun periodista, evidentemente nun nivel moi baixo. Quizais pases moitas horas mirando a pantalla dun ordenador pero paréceme interensantísimo poder comunicarte con xente que non é do teu entorno coñecer as opinións, coñecer como no meu caso unha rede social da que sabía ben pouco. Podes mellorar a túa forma de escribir, a organizar as ideas para despois intentar contarlle unha noticia a alguén. Aprendes a traballar en equipo a ter que cordinar o teu traballo con outra xente coa que ao mellor non tes unha gran relación pero á vez ser independente para tomar as túas propias decisións, ter a capacidade de aurocorrexirse.
O que me gusta desta de taller é o que dixen antes poder aprender un montón de cousas, a algúns parécelle unha asignatura "chorra" pero en poucas traballamos tanto como en este. Tamén me gusta o poder comunicarme con xente doutros lugares, como fixen na miña entrevista cun dos coordinadores de Cabozo.
Non me gusta o ter que aguantar ás veces a xente que se toma isto un pouco a lexeira. Gustaría que puidésemos facer máis publicacións.
O traballo que máis me gustou facer foi o da revista teño moi boas sensacións ao ver que o traballo valeu a pena. O nerviosismo as tardes planificando o que vamos a facer algún recreo facendo correccións para poder maquetar. Ver que todo iso ten o seu fruto pois resulta ser moi positivo e anímate a por empeño no que fas porque este é un caso no que ten a súa recompensa.
O que menos pois quizais o do país, a entrevista era moi interesante pero tiven que facer tantas correccións que acabei sabendoa case de memoria foi un pouco duro, pero ao final máis ou menos quedou decente.
O traballo do que me sinto orgullosa foi o da revista, tanto traballo como xa dixen tivo a súa recompensa. Paseino moi ben facéndoa, con momentos difíciles pero poder vela feita e impresa creo que vai ser un bo momento.
Aprendín a ter que traballar con xente coa que non solía traballar, creo que resultou positivo. Quizais botase en falta facer máis publicacións.
Sen dúbida recomendo taller de prensa pero só a aqueles que estén dispostos a traballar os que pensen que vai a ser unha asigatura de "cachondeo" que o pensen dúas veces. As cousas non son como poden parcer a simple vista. Os que queiran traballar... que se animen!
No hay comentarios:
Publicar un comentario